jueves, 9 de abril de 2015

Preparados para o cambio climático?


España comezará en abril a preparar as súas costas e xoias naturais para ese escenario futuro de cambio climático. A ministra de Agricultura, Alimentación e Medio, Isabel García Tejerina, presentou onte o Plan de Impulso ao Medio Ambiente para a Adaptación ao Cambio Climático (PIMA Adapta), dotado con 12,1 millóns de euros e que contempla 46 actuacións concretas en distintos puntos do litoral español, o dominio público hidráulico e os parques nacionais.

Isla Canela, Huelva, donde se tomarán medidas de estabilización.O cambio climático transformará boa parte do planeta nas próximas décadas. O peor escenario considerado no quinto informe do panel científico de Nacións Unidas para o cambio climático (IPCC, polas súas siglas en inglés) indica que o nivel do mar aumentará de media un metro para o ano 2100. Dependendo de cada punto da costa, ese aumento pode supoñer a desaparición de varias decenas de metros do litoral. É practicamente imposible para os expertos climáticos saber como afectará o quentamento global a cada punto concreto do planeta, pero si alertan de que afectará a escala global. Por ese motivo, os países desenvolvidos xa se puxeron mans á obra non só para reducir as emisións causantes do cambio climático, senón tamén para comezar a adaptarse ás súas posibles consecuencias.

Os puntos nos que se intervirá foron seleccionadas tendo en conta «as zonas onde hai estudos que din que hai» que «actuar» prioritariamente, segundo asegurou a ministra. A maioría dos proxectos están repartidos entre as comunidades de Cantabria, Asturias, Galicia, País Vasco, Cataluña, Comunidade Valenciana, Murcia, Andalucía, Baleares, Canarias, Ceuta e Melilla.



miércoles, 18 de marzo de 2015

Comprobado: fumar non alivia o estrés.

A crenza popular de que fumar nos alivia do estrés e da ansiedade, actuando como un relaxante, queda desmentida cun estudio levado a cabo polo University College London, e publicado pola revista British Heart Foundation. De feito, fumar aumenta un 70% o risco de sufrir ansiedade e depresión.




Nesta investigación contouse coa participación de 6.500 persoas; fumadoras e non fumadoras, de más de 40 anos de idade. Tras un análise psicolóxico descubriuse que o 18,3% dos fumadores presentaba síntomas de depresión e ansiedade frende ao 10% dos non fumadores e o 11,3% dos ex-fumadores.

Mike Knapton, coautor do estudio, afirma que en vez de axudar á xente a relaxarse, fumar aumenta a ansiedade, xa que a sensación de relaxación é temporal e é substituída rápidamente polo síndrome de abstinencia.
Á lez destos resultados, deixar de fumar non solo axudaría a coidar a nosa saúde física, senón que tamén aseguramos unha vida máis longa e unha mellor saúde mental.


 Fonte: Muy Interesante

martes, 10 de marzo de 2015

O "tecnoestrés"

Os móbiles teñen cada vez máis utilidade e funcionan mellor, abríndonos un mundo de infinitas posibilidades en cuestión de segundos: dánnos todo tipo de información, mantéñenos conectados coas persoas que nos importan, facilítannos o día a día... Pero todas esta conectividade prodúcenos un estrés do que non podemos escapar. É o que se denomina "tecnoestrés", según o Observatorio Permanente de Riscos Psicosociales.
Larry Rosen e Michelle Weil son os autores dun libro que explica a adicción psicolóxica que supón querer estar sempre conectado e ó tanto das novas tecnoloxías, así como a perda das relacións sociais que conleva.
O tecnoestrés é un trastorno incluso máis frecuente do que pensamos: os máis afectados son os adolescentes e a poboación xoven en xeral. O individuo sinte a necesidade de estar conectado á rede, necesidade que leva a unha sensación de estrés, ansiedade, nerviosismo e frustación.


Como adolescente do sécullo XXI sei que nos é imposible vivir sen móbiles e sen internet, pero tamén creo que deberíamos "desconectarnos" e desfrutar das persoas e do mundo real, aquel ao que non lle prestamos a atención que deberíamos.

Fonte: Muy Interesante

jueves, 29 de enero de 2015

Achan o sistema solar máis antigo da Vía Láctea.

Un equipo de científicos liderados pola Universidade de Birmingham (Reino Unido) descubriron un sistema solar con cinco planetas dun tamaño moi similar ao da Terra que, segundo cálculos realizados mediante astrosismoloxía, remóntase aos inicios da galaxia. 
Ten unha estrela similar ao Sol e consta de cinco planetas de tamaño medio (como Mercurio ou Venus). Os cinco planetas orbitan (en menos de dez días) aredor de Kepler 444, unha estrela moi parecida ao Sol, a 117 anos luz de distancia e que se formou hai 11.200 millóns de anos.



Este descubrimento foi grazas á misión Kepler da NASA: unha técnica de astrosismoloxía, que se basa en escoitar as resonancias naturais dunha estrela causadas polo son atrapado no seu interior.

jueves, 15 de enero de 2015

Unha cidade flotante sobre Venus.



Un equipo de científicos do Centro de investigación Langley da NASA, ideou un programa de exploración cuxo obxetivo é enviar misións tripuladas a Venus, o planeta máis cercano á Terra.

Aínda que os dous mundos son moi similares en tanaño, masa, densidade e gravedade (neste sentido parécese máis que Marte), baixo a densa capa de nubes de ácido sulfúrico que cubre a superficie de Venus, é un auténtico inferno.

O descomunal efecto invernadoiro ó que se ve sometido fai que teña unha temperatura media de 464º. Ha súa atmósfera, principalmente formado por dióxido de carbono, soplan rachas de vento huracanado, e a súa superficie está esculpido por volcáns.

Ahora, a NASA planteou que os primeros astronautas que viaxen ata alí habiten en grandes aeronaves similares a dirixibles de 130 metros de largo cheas de helio, que permanecerían a uns 50 kilómetros sobre a superficie, donde as condicións son moito máis suaves: unha soa atmósfera de presión, unha temperatura media de 75º C e unha exposición á radiación similar á que experimentarían en Canadá.

O proxecto, denominado HAVOC –siglas de High Altitude Venus Operational Concept–, prevé o envío dunha sonda robotizada á atmósfera, á que seguiría unha misión orbital tripulada de 30 días. Tras ela, as estancias prolongaríanse ata un año. Logo estudiaríase se sería viable situar unha auténtica cidade flotante de forma permanente entre as nubes de Venus.

jueves, 16 de octubre de 2014

Premios Nobel 2014

Este luns completouse a lista dos gañadores dos Premios Nobel 2014, e ainda que houbo numerosas sorpresas, as aportacións científicas son dignas de aplaudir. Os premiados son de países e culturas moi diferentes. Estes son os que pertencen ó ámbito científico:

  • Premio Nobel de Mediciña: O estadounidense John O´Keefe, e a parexa noruega May-Britt Moser e Eduard I. Moser, polos seus descubrimentos sobre a representación espacial do cerebro: o GPS interno. (Na imaxe)


  • Premio Nobel de Física: Ós xaponeses Isamu Akasaki, Hiroshi Amano e Shuji Nakamura, polos seus avances no desenvolvemento nas luces Led: o diodo emisor de luz LED, que permite aforrar enerxía e é máis respetuosa co medio ambiente.


  • Premio Nobel de Química: Os estadounidenses Eric Betzig e William Moerner e Stefan Hell, que revolucionaron os microscopios dando lugar a nanoscopios, que permite obter imaxes a nivel molecular.
Fonte: RPP

jueves, 9 de octubre de 2014

Novas vacinas contra a tuberculose.

A tuberculose, causada pola bacteria Mycobacterium tuberculosis, é unha das enfermidades con maior índice de mortalidade do mundo, xunto co sida e a malaria, as tres asociadas á pobreza. A infección por tuberculose iníciase cando o bacilo atinxe os alvéolos pulmonares e pódese espallar para os nódulos linfáticos e, de aí, a través da circulación sanguínea a tecidos máis distantes onde a doenza pódese desenvolver: a parte superior dos pulmóns, os riles, o cerebro e mailos ósos.

Habitualmente, asociamos o término microbio con enfermidade, pero en realidade non é así, estas só a provocan un reducido número de microorganismos.


 A vacina actual da tuberculose evitou formas graves da enfermidade e a morte en numerosos casos. Sen rmbargo, desmostrou unha eficacia variable, e además descubreuse que non exerce un efecto duradeiro na idade adulta.

A nova vacina experimental MTBVAC (na imaxe), consiste no bacilo vivo e atenuado de Mycobacterium tuberculosis, e mellora os aspectos que fallaban na anterior vacina.

Fonte: Investigación y Ciencia