Os móbiles teñen cada vez máis utilidade e funcionan mellor, abríndonos un mundo de infinitas posibilidades en cuestión de segundos: dánnos todo tipo de información, mantéñenos conectados coas persoas que nos importan, facilítannos o día a día... Pero todas esta conectividade prodúcenos un estrés do que non podemos escapar. É o que se denomina "tecnoestrés", según o Observatorio Permanente de Riscos Psicosociales.
Larry Rosen e Michelle Weil son os autores dun libro que explica a adicción psicolóxica que supón querer estar sempre conectado e ó tanto das novas tecnoloxías, así como a perda das relacións sociais que conleva.
O tecnoestrés é un trastorno incluso máis frecuente do que pensamos: os máis afectados son os adolescentes e a poboación xoven en xeral. O individuo sinte a necesidade de estar conectado á rede, necesidade que leva a unha sensación de estrés, ansiedade, nerviosismo e frustación.
Como adolescente do sécullo XXI sei que nos é imposible vivir sen móbiles e sen internet, pero tamén creo que deberíamos "desconectarnos" e desfrutar das persoas e do mundo real, aquel ao que non lle prestamos a atención que deberíamos.
Fonte: Muy Interesante
No hay comentarios:
Publicar un comentario