jueves, 30 de abril de 2015

Investigación en feminino e en plural.

Co apoio da Fundación Española da Ciencia e a Tecnoloxía e da man da Fundación Santiago Rei Fernández-Latorre, trece investigadoras, nove delas do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (Inibic) están a sacar a ciencia do laboratorio.

Baixo o título Biomedicina con e para a sociedade lograron o apoio económico para levar a cabo un proxecto de divulgación que, en definitiva, non persegue máis que «acurtar distancias entre a investigación e a sociedade, promovendo unha participación conxunta para construír comunidades máis integradas», explica Joana Cristina Silva Magalhaes, coordinadora do proxecto.


O proxecto traduciuse en tres accións mediáticas. Unha delas, unha miniserie televisiva na que nun minuto se explica para todos os públicos conceptos de forma divertida. Realizouse para iso un cásting de nenos e mozos investigadores, para afastar tamén a imaxe estereotipada de que a ciencia é cousa de maiores.

No ámbito radiofónico, en concreto en Radio Voz, apostouse por crear referentes femininos de excelencia, con entrevistas nas que as propias investigadoras falan do seu traballo.
 

jueves, 23 de abril de 2015

Peixes sen reproducción sexual.

 
Un equipo de investigadores da Universidade de Stony Brook en Nova York (EUA) descubriu varias crías de peixes serra peite (Pristis pectinata) que naceron sen reprodución sexual, nun proceso chamado partenoxénese no que non é requisito imprescindible que o óvulo sexa fecundado (xa que este absorbe unha célula xeneticamente idéntica). Aínda que esta forma de reprodución pode darse en crustáceos, insectos ou anfibios, é a primeira vez que se observa nun vertebrado nacido en liberdade. 

 "Estabamos a identificar xeneticamente a esta subespecie de pez serra para descubrir se, debido á súa escasa poboación, os individuos dunha mesma familia se estaban a reproducir entre si cando descubrimos que ás veces as femias se reproducían sen apareamento", explica Andrew Fields, coautor do estudo.

jueves, 16 de abril de 2015

Descuberto o posible orixe do alzhéimer.

Un grupo de científicos acaba de anunciar agora o descubrimento da posible causa da enfermidade de Alzheimer.

Liderados por Matthew Kan, da Escola de Medicina da Universidade Duke, os investigadores observaron, en ratos de laboratorio, que a orixe do trastorno coincide con algúns cambios na microglía. Segundo eles, cando empezan a aparecer os primeiros síntomas do trastorno, estas células inmunitarias do sistema nervioso central comezan a consumir altas doses dun determinado nutriente, o aminoácido arxinina, que resulta esencial para o bo funcionamento da memoria.


O estudo, publicado na revista Journal of Neuroscience, mostra que o bloqueo do consumo excesivo de arxinina, mediante un inhibidor enzimático chamado difluorometilornitina (DFMO), diminúe o número das placas amiloides, unhas fibras de proteína cuxa acumulación no cerebro é responsable da dexeneración progresiva das células nerviosas típica do alzhéimer.

Células da microglía (negro) nun rato de laboratorio coa enfermidade de Alzhéimer, que se activan nas áreas do cerebro responsables da memoria e consumen o aminoácido arxinina

jueves, 9 de abril de 2015

Preparados para o cambio climático?


España comezará en abril a preparar as súas costas e xoias naturais para ese escenario futuro de cambio climático. A ministra de Agricultura, Alimentación e Medio, Isabel García Tejerina, presentou onte o Plan de Impulso ao Medio Ambiente para a Adaptación ao Cambio Climático (PIMA Adapta), dotado con 12,1 millóns de euros e que contempla 46 actuacións concretas en distintos puntos do litoral español, o dominio público hidráulico e os parques nacionais.

Isla Canela, Huelva, donde se tomarán medidas de estabilización.O cambio climático transformará boa parte do planeta nas próximas décadas. O peor escenario considerado no quinto informe do panel científico de Nacións Unidas para o cambio climático (IPCC, polas súas siglas en inglés) indica que o nivel do mar aumentará de media un metro para o ano 2100. Dependendo de cada punto da costa, ese aumento pode supoñer a desaparición de varias decenas de metros do litoral. É practicamente imposible para os expertos climáticos saber como afectará o quentamento global a cada punto concreto do planeta, pero si alertan de que afectará a escala global. Por ese motivo, os países desenvolvidos xa se puxeron mans á obra non só para reducir as emisións causantes do cambio climático, senón tamén para comezar a adaptarse ás súas posibles consecuencias.

Os puntos nos que se intervirá foron seleccionadas tendo en conta «as zonas onde hai estudos que din que hai» que «actuar» prioritariamente, segundo asegurou a ministra. A maioría dos proxectos están repartidos entre as comunidades de Cantabria, Asturias, Galicia, País Vasco, Cataluña, Comunidade Valenciana, Murcia, Andalucía, Baleares, Canarias, Ceuta e Melilla.