domingo, 28 de septiembre de 2014

A capa de ozono podería recuperarse.

A capa de ozono estratosférico é un fráxil escudo gasoso que protexe a Terra da perxudicial radiación ultravioleta procedente do sol. As substancias máis nocivas para esta capa son atomizadores, neveras e escumas de illamento, entre outros.
Malia isto, a destrucción da capa de ozono está disminuíndo e os científicos consideran que este escudo natural da Terra podería recuperarse a mediados deste século se se seguen aplicando as medidas de restricción dos productos que a destrúen. Así o determina un estudio elaborado por 300 prestixiosos científicos.
A principal conclusión deste informe é que grazas ás medidas adoptadas en aplicación ó “Protocolo de Montreal relativo ás Substancias que Esgotan a Capa de Ozono”, esta está volvendo aos niveis de referencia de 1980.

Fonte: elmundo.com