sábado, 6 de junio de 2015

Google Maps e Youtube funcionarán sen conexión a internet na nove versión do Android.

O xigante informático decidiu compracer os internaturas polo que, segundo anunciou durante a súa conferencia anual, a próxima versión do seu sistema operativo incluirá unha versión offline dos seus servizos de mapas e vídeos.

O acceso sen internet aos mapas de Google chegará dentro duns meses a Estados Unidos. Esta primeira versión permitirá acceder dende o teléfono pero non se poderán descargar os mapas. Aínda así, esta nova medida permitirá aos usuarios consultar a súa situación e trazar rutas durante as súas viaxes ao estranxeiro sen necesidade de usar os datos.
Respecto a Youtube os de Google foron máis xenerosos. Os usuarios poderán descargar os vídeos e almacenalos durante 48 horas nos dispositivos móbiles con Android M. Deste modo, poderanse reproducir os vídeos sen necesidade de conectarse a Internet.