jueves, 16 de octubre de 2014

Premios Nobel 2014

Este luns completouse a lista dos gañadores dos Premios Nobel 2014, e ainda que houbo numerosas sorpresas, as aportacións científicas son dignas de aplaudir. Os premiados son de países e culturas moi diferentes. Estes son os que pertencen ó ámbito científico:

  • Premio Nobel de Mediciña: O estadounidense John O´Keefe, e a parexa noruega May-Britt Moser e Eduard I. Moser, polos seus descubrimentos sobre a representación espacial do cerebro: o GPS interno. (Na imaxe)


  • Premio Nobel de Física: Ós xaponeses Isamu Akasaki, Hiroshi Amano e Shuji Nakamura, polos seus avances no desenvolvemento nas luces Led: o diodo emisor de luz LED, que permite aforrar enerxía e é máis respetuosa co medio ambiente.


  • Premio Nobel de Química: Os estadounidenses Eric Betzig e William Moerner e Stefan Hell, que revolucionaron os microscopios dando lugar a nanoscopios, que permite obter imaxes a nivel molecular.
Fonte: RPP

jueves, 9 de octubre de 2014

Novas vacinas contra a tuberculose.

A tuberculose, causada pola bacteria Mycobacterium tuberculosis, é unha das enfermidades con maior índice de mortalidade do mundo, xunto co sida e a malaria, as tres asociadas á pobreza. A infección por tuberculose iníciase cando o bacilo atinxe os alvéolos pulmonares e pódese espallar para os nódulos linfáticos e, de aí, a través da circulación sanguínea a tecidos máis distantes onde a doenza pódese desenvolver: a parte superior dos pulmóns, os riles, o cerebro e mailos ósos.

Habitualmente, asociamos o término microbio con enfermidade, pero en realidade non é así, estas só a provocan un reducido número de microorganismos.


 A vacina actual da tuberculose evitou formas graves da enfermidade e a morte en numerosos casos. Sen rmbargo, desmostrou unha eficacia variable, e además descubreuse que non exerce un efecto duradeiro na idade adulta.

A nova vacina experimental MTBVAC (na imaxe), consiste no bacilo vivo e atenuado de Mycobacterium tuberculosis, e mellora os aspectos que fallaban na anterior vacina.

Fonte: Investigación y Ciencia

domingo, 28 de septiembre de 2014

A capa de ozono podería recuperarse.

A capa de ozono estratosférico é un fráxil escudo gasoso que protexe a Terra da perxudicial radiación ultravioleta procedente do sol. As substancias máis nocivas para esta capa son atomizadores, neveras e escumas de illamento, entre outros.
Malia isto, a destrucción da capa de ozono está disminuíndo e os científicos consideran que este escudo natural da Terra podería recuperarse a mediados deste século se se seguen aplicando as medidas de restricción dos productos que a destrúen. Así o determina un estudio elaborado por 300 prestixiosos científicos.
A principal conclusión deste informe é que grazas ás medidas adoptadas en aplicación ó “Protocolo de Montreal relativo ás Substancias que Esgotan a Capa de Ozono”, esta está volvendo aos niveis de referencia de 1980.

Fonte: elmundo.com