jueves, 9 de octubre de 2014

Novas vacinas contra a tuberculose.

A tuberculose, causada pola bacteria Mycobacterium tuberculosis, é unha das enfermidades con maior índice de mortalidade do mundo, xunto co sida e a malaria, as tres asociadas á pobreza. A infección por tuberculose iníciase cando o bacilo atinxe os alvéolos pulmonares e pódese espallar para os nódulos linfáticos e, de aí, a través da circulación sanguínea a tecidos máis distantes onde a doenza pódese desenvolver: a parte superior dos pulmóns, os riles, o cerebro e mailos ósos.

Habitualmente, asociamos o término microbio con enfermidade, pero en realidade non é así, estas só a provocan un reducido número de microorganismos.


 A vacina actual da tuberculose evitou formas graves da enfermidade e a morte en numerosos casos. Sen rmbargo, desmostrou unha eficacia variable, e además descubreuse que non exerce un efecto duradeiro na idade adulta.

A nova vacina experimental MTBVAC (na imaxe), consiste no bacilo vivo e atenuado de Mycobacterium tuberculosis, e mellora os aspectos que fallaban na anterior vacina.

Fonte: Investigación y Ciencia

No hay comentarios:

Publicar un comentario