Un equipo de investigadores da Universidade de Stony Brook en Nova York (EUA) descubriu varias crías de peixes serra peite (Pristis pectinata)
que naceron sen reprodución sexual, nun proceso chamado partenoxénese
no que non é requisito imprescindible que o óvulo sexa fecundado (xa que
este absorbe unha célula xeneticamente idéntica). Aínda que esta forma
de reprodución pode darse en crustáceos, insectos ou anfibios, é a
primeira vez que se observa nun vertebrado nacido en liberdade.
"Estabamos
a identificar xeneticamente a esta subespecie de pez serra para
descubrir se, debido á súa escasa poboación, os individuos dunha mesma
familia se estaban a reproducir entre si cando descubrimos que ás veces
as femias se reproducían sen apareamento", explica Andrew Fields, coautor do estudo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario