jueves, 16 de abril de 2015

Descuberto o posible orixe do alzhéimer.

Un grupo de científicos acaba de anunciar agora o descubrimento da posible causa da enfermidade de Alzheimer.

Liderados por Matthew Kan, da Escola de Medicina da Universidade Duke, os investigadores observaron, en ratos de laboratorio, que a orixe do trastorno coincide con algúns cambios na microglía. Segundo eles, cando empezan a aparecer os primeiros síntomas do trastorno, estas células inmunitarias do sistema nervioso central comezan a consumir altas doses dun determinado nutriente, o aminoácido arxinina, que resulta esencial para o bo funcionamento da memoria.


O estudo, publicado na revista Journal of Neuroscience, mostra que o bloqueo do consumo excesivo de arxinina, mediante un inhibidor enzimático chamado difluorometilornitina (DFMO), diminúe o número das placas amiloides, unhas fibras de proteína cuxa acumulación no cerebro é responsable da dexeneración progresiva das células nerviosas típica do alzhéimer.

Células da microglía (negro) nun rato de laboratorio coa enfermidade de Alzhéimer, que se activan nas áreas do cerebro responsables da memoria e consumen o aminoácido arxinina

No hay comentarios:

Publicar un comentario