jueves, 29 de enero de 2015

Achan o sistema solar máis antigo da Vía Láctea.

Un equipo de científicos liderados pola Universidade de Birmingham (Reino Unido) descubriron un sistema solar con cinco planetas dun tamaño moi similar ao da Terra que, segundo cálculos realizados mediante astrosismoloxía, remóntase aos inicios da galaxia. 
Ten unha estrela similar ao Sol e consta de cinco planetas de tamaño medio (como Mercurio ou Venus). Os cinco planetas orbitan (en menos de dez días) aredor de Kepler 444, unha estrela moi parecida ao Sol, a 117 anos luz de distancia e que se formou hai 11.200 millóns de anos.



Este descubrimento foi grazas á misión Kepler da NASA: unha técnica de astrosismoloxía, que se basa en escoitar as resonancias naturais dunha estrela causadas polo son atrapado no seu interior.

1 comentario: