O acceso sen internet aos mapas de Google chegará dentro duns meses a Estados Unidos. Esta primeira versión permitirá acceder dende o teléfono pero non se poderán descargar os mapas. Aínda así, esta nova medida permitirá aos usuarios consultar a súa situación e trazar rutas durante as súas viaxes ao estranxeiro sen necesidade de usar os datos.
Actualidade científica.
sábado, 6 de junio de 2015
Google Maps e Youtube funcionarán sen conexión a internet na nove versión do Android.
O xigante informático decidiu compracer os internaturas polo que, segundo anunciou durante a súa conferencia anual, a próxima versión do seu sistema operativo incluirá unha versión offline dos seus servizos de mapas e vídeos.
O acceso sen internet aos mapas de Google chegará dentro duns meses a Estados Unidos. Esta primeira versión permitirá acceder dende o teléfono pero non se poderán descargar os mapas. Aínda así, esta nova medida permitirá aos usuarios consultar a súa situación e trazar rutas durante as súas viaxes ao estranxeiro sen necesidade de usar os datos.
Respecto a Youtube os de Google foron máis xenerosos. Os usuarios poderán descargar os vídeos e almacenalos durante 48 horas nos dispositivos móbiles con Android M. Deste modo, poderanse reproducir os vídeos sen necesidade de conectarse a Internet.
O acceso sen internet aos mapas de Google chegará dentro duns meses a Estados Unidos. Esta primeira versión permitirá acceder dende o teléfono pero non se poderán descargar os mapas. Aínda así, esta nova medida permitirá aos usuarios consultar a súa situación e trazar rutas durante as súas viaxes ao estranxeiro sen necesidade de usar os datos.
jueves, 30 de abril de 2015
Investigación en feminino e en plural.
Co apoio da Fundación Española da Ciencia e a Tecnoloxía e da man da Fundación Santiago Rei Fernández-Latorre, trece investigadoras, nove delas do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (Inibic) están a sacar a ciencia do laboratorio.
Baixo o título Biomedicina con e para a sociedade lograron o apoio económico para levar a cabo un proxecto de divulgación que, en definitiva, non persegue máis que «acurtar distancias entre a investigación e a sociedade, promovendo unha participación conxunta para construír comunidades máis integradas», explica Joana Cristina Silva Magalhaes, coordinadora do proxecto.
O proxecto traduciuse en tres accións mediáticas. Unha delas, unha miniserie televisiva na que nun minuto se explica para todos os públicos conceptos de forma divertida. Realizouse para iso un cásting de nenos e mozos investigadores, para afastar tamén a imaxe estereotipada de que a ciencia é cousa de maiores.
No ámbito radiofónico, en concreto en Radio Voz, apostouse por crear referentes femininos de excelencia, con entrevistas nas que as propias investigadoras falan do seu traballo.

jueves, 23 de abril de 2015
Peixes sen reproducción sexual.
Un equipo de investigadores da Universidade de Stony Brook en Nova York (EUA) descubriu varias crías de peixes serra peite (Pristis pectinata)
que naceron sen reprodución sexual, nun proceso chamado partenoxénese
no que non é requisito imprescindible que o óvulo sexa fecundado (xa que
este absorbe unha célula xeneticamente idéntica). Aínda que esta forma
de reprodución pode darse en crustáceos, insectos ou anfibios, é a
primeira vez que se observa nun vertebrado nacido en liberdade.
"Estabamos
a identificar xeneticamente a esta subespecie de pez serra para
descubrir se, debido á súa escasa poboación, os individuos dunha mesma
familia se estaban a reproducir entre si cando descubrimos que ás veces
as femias se reproducían sen apareamento", explica Andrew Fields, coautor do estudo.
jueves, 16 de abril de 2015
Descuberto o posible orixe do alzhéimer.
Un grupo de científicos acaba de anunciar agora o descubrimento da posible causa da enfermidade de Alzheimer.
Liderados por Matthew Kan, da Escola de Medicina da Universidade Duke, os investigadores observaron, en ratos de laboratorio, que a orixe do trastorno coincide con algúns cambios na microglía. Segundo eles, cando empezan a aparecer os primeiros síntomas do trastorno, estas células inmunitarias do sistema nervioso central comezan a consumir altas doses dun determinado nutriente, o aminoácido arxinina, que resulta esencial para o bo funcionamento da memoria.
O estudo, publicado na revista Journal of Neuroscience, mostra que o bloqueo do consumo excesivo de arxinina, mediante un inhibidor enzimático chamado difluorometilornitina (DFMO), diminúe o número das placas amiloides, unhas fibras de proteína cuxa acumulación no cerebro é responsable da dexeneración progresiva das células nerviosas típica do alzhéimer.

Células da microglía (negro) nun rato de laboratorio coa enfermidade de Alzhéimer, que se activan nas áreas do cerebro responsables da memoria e consumen o aminoácido arxinina |
jueves, 9 de abril de 2015
Preparados para o cambio climático?
España comezará en abril a preparar as súas costas
e xoias naturais para ese escenario futuro de cambio climático. A
ministra de Agricultura, Alimentación e Medio, Isabel García Tejerina, presentou onte o Plan de Impulso ao Medio Ambiente para a Adaptación ao Cambio Climático (PIMA Adapta),
dotado con 12,1 millóns de euros e que contempla 46 actuacións
concretas en distintos puntos do litoral español, o dominio público
hidráulico e os parques nacionais.
O cambio climático
transformará boa parte do planeta nas próximas décadas. O peor escenario
considerado no quinto informe do panel científico de Nacións Unidas
para o cambio climático (IPCC, polas súas
siglas en inglés) indica que o nivel do mar aumentará de media un metro
para o ano 2100. Dependendo de cada punto da costa, ese aumento pode
supoñer a desaparición de varias decenas de metros do litoral. É
practicamente imposible para os expertos climáticos saber como afectará o
quentamento global a cada punto concreto do planeta, pero si alertan de
que afectará a escala global. Por ese motivo, os países desenvolvidos
xa se puxeron mans á obra non só para reducir as emisións causantes do
cambio climático, senón tamén para comezar a adaptarse ás súas posibles
consecuencias.
Os puntos nos que se intervirá
foron seleccionadas tendo en conta «as zonas onde hai estudos que din
que hai» que «actuar» prioritariamente, segundo asegurou a ministra. A
maioría dos proxectos están repartidos entre as comunidades de
Cantabria, Asturias, Galicia, País Vasco, Cataluña, Comunidade
Valenciana, Murcia, Andalucía, Baleares, Canarias, Ceuta e Melilla.
miércoles, 18 de marzo de 2015
Comprobado: fumar non alivia o estrés.
A crenza popular de que fumar nos alivia do estrés e da ansiedade, actuando como un relaxante, queda desmentida cun estudio levado a cabo polo University College London, e publicado pola revista British Heart Foundation. De feito, fumar aumenta un 70% o risco de sufrir ansiedade e depresión.
Nesta investigación contouse coa participación de 6.500 persoas; fumadoras e non fumadoras, de más de 40 anos de idade. Tras un análise psicolóxico descubriuse que o 18,3% dos fumadores presentaba síntomas de depresión e ansiedade frende ao 10% dos non fumadores e o 11,3% dos ex-fumadores.
Mike Knapton, coautor do estudio, afirma que en vez de axudar á xente a relaxarse, fumar aumenta a ansiedade, xa que a sensación de relaxación é temporal e é substituída rápidamente polo síndrome de abstinencia.
Á lez destos resultados, deixar de fumar non solo axudaría a coidar a nosa saúde física, senón que tamén aseguramos unha vida máis longa e unha mellor saúde mental.
Fonte: Muy Interesante
martes, 10 de marzo de 2015
O "tecnoestrés"
Os móbiles teñen cada vez máis utilidade e funcionan mellor, abríndonos un mundo de infinitas posibilidades en cuestión de segundos: dánnos todo tipo de información, mantéñenos conectados coas persoas que nos importan, facilítannos o día a día... Pero todas esta conectividade prodúcenos un estrés do que non podemos escapar. É o que se denomina "tecnoestrés", según o Observatorio Permanente de Riscos Psicosociales.
Larry Rosen e Michelle Weil son os autores dun libro que explica a adicción psicolóxica que supón querer estar sempre conectado e ó tanto das novas tecnoloxías, así como a perda das relacións sociais que conleva.
O tecnoestrés é un trastorno incluso máis frecuente do que pensamos: os máis afectados son os adolescentes e a poboación xoven en xeral. O individuo sinte a necesidade de estar conectado á rede, necesidade que leva a unha sensación de estrés, ansiedade, nerviosismo e frustación.
Como adolescente do sécullo XXI sei que nos é imposible vivir sen móbiles e sen internet, pero tamén creo que deberíamos "desconectarnos" e desfrutar das persoas e do mundo real, aquel ao que non lle prestamos a atención que deberíamos.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)