Liderados por Matthew Kan, da Escola de Medicina da Universidade Duke, os investigadores observaron, en ratos de laboratorio, que a orixe do trastorno coincide con algúns cambios na microglía. Segundo eles, cando empezan a aparecer os primeiros síntomas do trastorno, estas células inmunitarias do sistema nervioso central comezan a consumir altas doses dun determinado nutriente, o aminoácido arxinina, que resulta esencial para o bo funcionamento da memoria.
O estudo, publicado na revista Journal of Neuroscience, mostra que o bloqueo do consumo excesivo de arxinina, mediante un inhibidor enzimático chamado difluorometilornitina (DFMO), diminúe o número das placas amiloides, unhas fibras de proteína cuxa acumulación no cerebro é responsable da dexeneración progresiva das células nerviosas típica do alzhéimer.
![]() |
Células da microglía (negro) nun rato de laboratorio coa enfermidade de Alzhéimer, que se activan nas áreas do cerebro responsables da memoria e consumen o aminoácido arxinina |
No hay comentarios:
Publicar un comentario