Baixo o título Biomedicina con e para a sociedade lograron o apoio económico para levar a cabo un proxecto de divulgación que, en definitiva, non persegue máis que «acurtar distancias entre a investigación e a sociedade, promovendo unha participación conxunta para construír comunidades máis integradas», explica Joana Cristina Silva Magalhaes, coordinadora do proxecto.
O proxecto traduciuse en tres
accións mediáticas. Unha delas, unha miniserie televisiva na que nun
minuto se explica para todos os públicos conceptos de forma divertida.
Realizouse para iso un cásting de nenos e mozos investigadores, para
afastar tamén a imaxe estereotipada de que a ciencia é cousa de maiores.No ámbito radiofónico, en concreto en Radio Voz, apostouse por crear referentes femininos de excelencia, con entrevistas nas que as propias investigadoras falan do seu traballo.

