A crenza popular de que fumar nos alivia do estrés e da ansiedade, actuando como un relaxante, queda desmentida cun estudio levado a cabo polo University College London, e publicado pola revista British Heart Foundation. De feito, fumar aumenta un 70% o risco de sufrir ansiedade e depresión.
Nesta investigación contouse coa participación de 6.500 persoas; fumadoras e non fumadoras, de más de 40 anos de idade. Tras un análise psicolóxico descubriuse que o 18,3% dos fumadores presentaba síntomas de depresión e ansiedade frende ao 10% dos non fumadores e o 11,3% dos ex-fumadores.
Mike Knapton, coautor do estudio, afirma que en vez de axudar á xente a relaxarse, fumar aumenta a ansiedade, xa que a sensación de relaxación é temporal e é substituída rápidamente polo síndrome de abstinencia.
Á lez destos resultados, deixar de fumar non solo axudaría a coidar a nosa saúde física, senón que tamén aseguramos unha vida máis longa e unha mellor saúde mental.
Fonte: Muy Interesante
No hay comentarios:
Publicar un comentario